Construíndo e consolidando equipos para o futuro da biomasa

O sector da biomasa enfróntase a importantes retos á hora de atraer, seleccionar e reter talento cualificado, especialmente nun contexto marcado pola competencia por perfís técnicos, a dispersión territorial e a necesidade de equipos comprometidos cos proxectos empresariais.

Este curso nace co obxectivo de dotar ás persoas responsables das empresas do sector da biomasa das competencias, ferramentas e metodoloxías necesarias para xestionar o talento de maneira eficaz, adaptándose á realidade das pemes e ás particularidades do sector. Ao longo da formación abordaranse estratexias prácticas para identificar e atraer perfís de alto valor, optimizar os procesos de selección con criterios eficientes e asumibles, e integrar competencias de liderado que favorezan o compromiso e a consolidación dos equipos.

A través dun enfoque aplicado, o curso permitirá ás persoas participantes elaborar e implementar un plan propio de captación e selección, adaptado ás necesidades reais da súa empresa, co fin de reforzar a competitividade, mellorar a xestión dos equipos e asegurar a sustentabilidade dos proxectos no medio e longo prazo.

Equipo docente

Moisés Castro Serrano
Moisés Castro Serrano@jmoisescastro
Bachelor in Business Administration pola Escola de Negocios Caixanova de Vigo, mestrado en Project Management polo Instituto Europeo de Posgrado e auditor interno de sistemas de xestión de proxectos ISO 21500:2013 de Bureau Veritas. Consultor especializado nos ámbitos de vixilancia competitiva, TIC y novas tecnoloxías centradas en IA dende 2010. Formación en IA para diferentes asociacións e administracións públicas e xestión de proxectos relacionados con novas tecnoloxías.

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

O programa comprenderá un total de 21 horas divididas en 4 sesións de 5 horas e 15 minutos cada unha delas cun formato presencial

Sesión 1: Detectar e atraer talento nunha contorna competitiva

  • Como identificar os perfís crave para o crecemento do negocio
  • Mapeo do mercado laboral específico do sector biomasa
  • Estratexias de employer branding adaptadas a pemes industriais
  • Canles de captación efectivos en contornas rurais ou especializadas

Sesión 2: Ferramentas e procesos de selección eficientes para pemes

  • Métodos de cribado e entrevistas de alto impacto con recursos limitados
  • Probas e dinámicas adaptadas a competencias técnicas e comportamentales
  • Selección por valores e encaixe cultural: minimizar a rotación
  • Recursos dixitais gratuítos ou de baixo custo para optimizar a selección

Sesión 3: Liderazgo aplicado á xestión do talento: compromiso e permanencia

  • Conectar liderado e selección: como un bo líder pode atraer e reter talento
  • Estilos de liderado que favorecen o compromiso e a permanencia
  • Comunicación efectiva en procesos de incorporación e acollida
  • Mentoring e desenvolvemento interno do talento

Sesión 4: Taller práctico de aplicación: deseño dun plan de atracción e captación

  • Análise de casos reais, do sector da biomasa ou doutros sectores relevantes, para extraer aprendizaxes transferibles
  • Realización de role plays de entrevistas de selección con feedback inmediato.
  • Deseño dun plan de captación e selección adaptado ás características e necesidades das empresas do sector da biomasa.
  • Facilitación das ferramentas necesarias para que cada empresa poida personalizar e adaptar o plan á súa realidade.
  • Entrega dun checklist práctico para implementar melloras inmediatas nos procesos de captación e selección.

Que inclúe este curso?

A documentación a utilizar durante as sesións (presentacións, dossieres, etc.) como a propia información durante as sesións formativas estará dispoñible en galego e castelán. 

Recordamos que os alumnos/as que participen nesta actividade deberán garantir unha asistencia mínima do 80% da duración do curso.

Construíndo e consolidando equipos para o futuro da biomasa

Prazo de inscricións:  aberto

Actividade cofinanciada por Axencia Galega da Industria Forestal