O Clúster de Biomasa de Galicia finaliza a terceira e última sesión do Programa de Liderado e Xestión de Equipos deste 2024, unha iniciativa centrada en fortalecer o liderado e a comunicación no sector forestal. Esta sesión, impartida por Teresa Molezún, tivo como obxectivo reforzar as habilidades comunicativas e a capacidade de liderado dos participantes, ofrecendo ferramentas clave para a mellora da xestión de equipos.
O programa, que destaca pola súa orientación práctica e enfoque integral, continuará no ano 2025 cunha nova serie de tres sesións que culminarán este proxecto formativo, consolidando o desenvolvemento de competencias no ámbito da industria forestal.
Esta actividade está co-financiada por XERA, Axencia Galega da Industria Forestal, en apoio á profesionalización e ao fortalecemento do sector en Galicia.