Qué pasa coa biomasa?
- 2021-2022
O Clúster da Biomasa de Galicia publicou en 2021 e 2022 un cómic educativo, con textos e ilustracións da ilustradora Sara Fernández, para achegar as solucións con biomasa térmica á mocidade de entre 8 e 16 anos.
A través desta iniciativa, queremos que as nenas e nenos reflexionen sobre as enerxías que empregan nos seus fogares, como lles chegan e que hai detrás de cada unha delas. Presentamos a biomasa térmica como unha alternativa accesible, segura e de proximidade, que non só proporciona confort, senón que tamén xera beneficios ambientais e económicos na nosa contorna.
Este proxecto forma parte do noso compromiso coa sensibilización da sociedade, un dos eixos estratéxicos do noso plan 22-26, e conta co apoio da Axencia Galega da Industria Forestal.
Colaboradores
O desenvolvemento da revista foi posible grazas á colaboración entre o Clúster da Biomasa de Galicia e Asefor, contando tamén coa participación de outras entidades, profesionais do sector forestal e voces destacadas das mulleres no sector. Ademais, a revista incluíu a contribución de expertos do ámbito universitario e científico, enriquecendo os seus contidos con visións multidisciplinares.
Financiación
A iniciativa foi financiada pola Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), reforzando o seu compromiso co impulso da industria forestal sostible en Galicia.
