• O Simposium Urban Solutions celebrarase na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, organizado por Cluergal (Clúster de Enerxías Renovables de Galicia).
  • No evento participarán diferentes especialistas no ámbito da enxeñaría urbana que darán a coñecer as necesidades actuais das cidades e as súas solucións, e os novos modelos que se están adaptando
  • Dividirase en seis bloques temáticos que tratarán sobre enerxía, mobilidade, iluminación, parques, infraestruturas e sustetabilidade.

Tralo éxito que tivo a primeira edición do Simposium Urban Solutions, o Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) organiza este ano a súa segunda edición, na que o Clúster da Biomasa de Galicia participará como entidade colaboradora.

O evento levarase a cabo os días 4, 5 e 6 de outubro de 2023 en Santiago de Compostela, no edificio CINC da Cidade da Cultura e conta coa colaboración inicial de máis de 40 empresas e entidades.

Esta nova edición será un punto de intercambio de coñecemento, a través dun extenso bloque de relatorios, e un alto contido de networking, a través de cafés, almorzos, entregas de premios e outras actividades.

O Simposium Urban Solutions é unha cita sectorial única no seu ámbito que reunirá de novo a empresas, profesionais e administracións en torno a seis bloques temáticos relacionados coas cidades: enerxía, mobilidade, iluminación, parques, infraestruturas e sustetabilidade.

Ademais, haberá unha zona para a exposición de equipamentos e produtos relacionados coas temáticas do evento durante os seus tres días de celebración.

Os membros ou asociados do Clúster da Biomasa de Galicia, por ser entidade colaboradora, terán un 50 % de desconto respecto ás tarifas da web. Se queres participar, inscríbete nesta ligazón.

Consulta o programa do simposio.

Fonte: urbansimposium.com