Ciclo de webinars sobre Intelixencia Artificial aplicada á industria forestal e ao sector da biomasa
O obxectivo principal destas xornadas é concienciar ao sector das vantaxes que pode achegar a intelixencia artificial no sector forestal, mellorando a efectividade das empresas, a competitividade do sector nos mercados e conseguindo optimizar os procesos internos do sector, mediante xornadas dinámicas participativas do emprego da Intelixencia Artificial en toda a cadea do sector.
Equipo docente



Que inclúe este curso?
O curso esta composto por 4 webinarios formativos:
Ano 2024
- Xornada 1
- Introdución á IA no sector forestal: O obxectivo de esta sesión é facer unha introdución e ofrecer unha visión global da intelixencia artificial en todo o sector.
- Xornada 2
- Mellorar a comunicación da compañía mediante ferramentas de IA: Esta sesión facilita a mellora da comunicación das entidades do sector mediante ferramentas de IA mellorando as mensaxes e os canais a empregar.
Ano 2025
- Xornada 3
- Comunicación e marketing para o sector forestal e da biomasa: Abordaranse ferramentas e técnicas para mellorar a visibilidade das entidades, construír unha marca sólida, establecer relacións efectivas co público obxectivo e comunicar o valor ambiental, social e económico da súa actividade.
- Xornada 4
- Ferramentas dixitais para mellorar a produtividade no sector forestal e da biomasa: Esta xornada céntrase na incorporación de solucións dixitais que optimicen a xestión interna das organizacións. Coñeceranse aplicacións e recursos prácticos para a organización do traballo, a planificación de tarefas, a xestión documental, o traballo colaborativo e a automatización de procesos.
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
O primeiro webinario celebrarase o 11 de setembro, de 11:00 a 14:00 h, e o segundo terá lugar o 17 de setembro na mesma franxa horaria. O terceiro e cuarto webinario están previstos para o 28 de maio e o 6 de xuño de 2025, respectivamente, ambos en formato en liña, de 10:00 a 13:00 h.
Ciclo de webinars sobre Intelixencia Artificial aplicada á Industria Forestal
Prazo de inscricións: aberto
- 3 º webinario: Marketing e comunicación
- 10.00 a 13.00 hrs
- 28 de maio de 2025
- 4º webinario: Ferramentas de productividade
- 10.00 a 13.00 hrs
- 6 de xuño de 2025
- Modalidade online
Actividade cofinanciada por Axencia Galega da Industria Forestal