El Clúster de Biomasa de Galicia celebra esta semana o seu primeiro aniversario alcanzando os retos iniciais que se propuxo na súa creación: converter a Galicia nun polo forte coa biomasa.

Actualmente, conta con máis de 25 empresas do sector da biomasa que traballan para diversificar o sector enerxético de Galicia. 

Hay que salientar que os usuarios da biomasa poden ter un acceso inmediato a este recurso; xa que as empresas do sector distribúen o material a calquera punto da xeografía galega en menos de 24 horas. A día de hoxe Galicia é un referente do sector da biomasa en España. Máis da metade produción de madeira procede da nosa comunidade.

COLABORACIÓN, INNOVACIÓN E CAPTACIÓN DE TALENTOS

 O Clúster da Biomasa de Galicia traballa nestes intres no desenvolvemento do Plan Estratéxico do sector co apoio financeiro do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Por outra parte, a entidade está colaborando co Goberno galego na posta en marcha da Estratexia da Biomasa de Galicia 2022-2027. Para avanzar nesta folla de ruta, o Clúster traballa da man da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA).

Este labor conxunto pretende conseguir o impulso da innovación e da dixitalización do sector. Por outra parte, os retos nos que se está traballando son a actualización da formación dos recén licenciados e dos módulos de formación profesional vinculados coa biomasa.