Caracterización de biocombustibles, certificación forestal, dilixencia debida e trazabilidade de produto
A biomasa xoga un papel estratéxico na transición enerxética, pero o seu éxito depende de que se xestione con responsabilidade e transparencia. A maior demanda deste recurso levou aparellado un aumento das exixencias legais e das certificacións, facendo indispensable garantir a súa calidade e orixe sostible en toda a cadea de valor.
Para responder a este reto, o Clúster da Biomasa de Galicia pon en marcha esta formación, orientada a dotar os profesionais do sector dos coñecementos e competencias necesarias en áreas críticas como:
- A caracterización de biocombustibles sólidos.
- Os sistemas de certificación forestal.
- A dilixencia debida e a rastrexabilidade do produto.
Este programa busca, en definitiva, ofrecer ferramentas prácticas que melloren a competitividade do sector en Galicia, fortalecendo o seu compromiso coa sustentabilidade e a calidade, pilares básicos para xerar confianza no mercado.
Equipo docente
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
O programa comprenderá un total de 21 horas divididas en 4 sesións grupais presenciais.
MÓDULO 1: Certificación forestal, dilixencia debida e trazabilidade de produto
Sesión 1: Recurso forestal de proximidade: Integración de certificación forestal, trazabilidade de produto e sanidade vexetal en Galicia.
- Bloque 1 – Certificación forestal e aplicación de normativa EUDR.
• Certificacións forestais: situación actual e principais esquemas
• Normativa EUDR: obrigacións para operadores do mercado galego
▪ Ámbito de aplicación e produtos regulados
▪ Requisitos de dilixencia debida, trazabilidade e documentación
▪ Impacto no sector e retos a afrontar - Bloque 2 – Trazabilidade dixital: solucións aplicadas ao sector da biomasa
• Presentación da ferramenta de trazabilidade forestal TRAZAMAD
• Posibilidade de coñecer un caso de aplicación a través dun socio do Clúster (Finsa)
• Como as solucións dixitais poden dar resposta aos requisitos da normativa EUDR - Bloque 3 – Problemáticas das masas forestais autonómicas e solucións a través das posibilidades mellora xenética
• Afeccións e principais problemáticas das especies forestais de interese para a biomasa: Tipoloxía dos montes. Principais ameazas, pragas, enfermidades, etc.
• Problemáticas sanitarias e ecolóxicas: Especies afectadas e consecuencias na produción de biomasa
• Mellora xenética como ferramenta de xestión
MÓDULO 2: Certificación e calidade de biocombustibles sólidos
O obxectivo deste módulo é explicar aos fabricantes biocombustibles sólidos a orixe lexislativa e normativa da certificación, os procedementos que teñen que implantar na súa produción e como teñen que medir e realizar o control das especificacións para declarar.
Sesión 2: Normativa e certificación dos biocombustibles.
- Introdución aos biocombustibles sólidos: definición, orixe e tipos de biocombustibles sólidos.
- Sector dos biocombustibles sólidos: estrutura de produción e datos do sector.
- Marco lexislativo e normativo aplicable á produción de biocombustibles sólidos
- Normativa de calidade: especificacións e clases de calidade de biocombustibles sólidos.
- Aseguramento de calidade dos biocombustibles sólidos: procedementos e medidas o control de produción para asegurar a conformidade coas especificacións normativas e declaradas.
- Declaración de prestacións e etiquetaxe do produto.
- Esquemas de certificación de biomasa sostible.
- Selos e marcas de calidade.
Sesión 3: Propiedades dos biocombustibles. Control e medición.
- Propiedades físico-químicas dos biocombustibles.
- Equipos e procedemento de medición.
- Procedemento de mostraxe e control de produción.
- Caso práctico: medición e cálculo de dimensións, volume e peso.
MÓDULO 3: Caracterización de biocombustibles
Os obxectivos deste bloque pasan por:
• Dar a coñecer as características dos restos forestais en Galicia e as súas condicións como materia prima para a produción de biochar
• Presentar diferentes metodoloxías de produción de biochar
• Introducir os criterios de caracterización e certificación do biochar, como ferramenta para garantir a calidade e a súa viabilidade comercial
• Observación de mostras, que permitan visualizar a diversidade de resultados segundo materia prima e metodoloxía empregada
Sesión 4: Caracterización de biocombustibles.
- Caracterización de restos forestais: breve referencia as necesidades de biomasa orixinal
- Produción de biochar a partir de restos forestais: diferentes metodoloxías de elaboración de biochar
- Caracterización do biochar. Certificación do biochar
- Usos do biochar e posibilidades de empregabilidade do biochar
- Observación de mostras
Que inclúe este curso?
A documentación a utilizar durante as sesións (presentacións, dossieres, etc.) como a propia información durante as sesións formativas estará dispoñible en galego e castelán.
Recordamos que os alumnos/as que participen nesta actividade deberán garantir unha asistencia mínima do 80% da duración do curso.
Caracterización de biocombustibles, certificación forestal, dilixencia debida e trazabilidade de produto
Prazo de inscricións: aberto
- 27 de novembro
- 10:00 a 18:00 h
- Modalidade presencial | Aula 5, Escuela de Forestales de Pontevedra
Actividade cofinanciada por Axencia Galega da Industria Forestal