CURSO DE CAPACITACIÓN XERENCIAL NO SECTOR FORESTAL

PROGRAMA FORMATIVO DE CAPACITACIÓN XERENCIAL

O Clúster de la Biomasa de Galicia, en colaboración coa Asociación BIOECO2 e cofinanciado pola Axencia Galega da Industria Forestal, desenvolveu este programa formativo cuxo obxectivo principal pasa por capacitar aos equipos directivos e de xestión das empresas do sector forestal-biomasa en temáticas de actualidade que melloren a competitividade das súas compañías, enfocándose no desenvolvemento e mellora de diferentes competencias e habilidades.
Grazas a este curso completo, os participantes poderán obter una visión estratéxica do sector e da contorna actual que rodea ao sector, conseguindo desenvolver e potenciar habilidades e competencias directivas e de liderazgo grazas aos docentes expertos nas diferentes temáticas.

O programa terá unha duración total de un total de 34 horas, estruturadas en 8 sesións presenciais en distintos puntos da xeografía galega nas seguintes datas:

 

📅 SESIÓN 1: VISIÓN ESTRATÉXICA: 21 setembro 2022 de 9:30h a 14:00h en Santiago|edificio Gaiás, sala OFF 

📅 SESIÓN 2: HABILIDADES DIRECTIVAS- LIDERAZGO: 28 setembro 2022 de 9:30h a 14:00h en Santiago | edificio Gaiás, sala OFF 

📅 SESIÓN 3: INNOVACIÓN: 5 de outubro 2022 de 9:30h a 14:00h en Ourense | CIS Madeira

📅 SESIÓN 4: PLANIFICACIÓN FINANCEIRA: 11 de outubro 2022 de 9:30h a 14:00h en Ourense | CIS Madeira

📅 SESIÓN 5: FERRAMENTAS PARA A TRANSFORMACIÓN DIXITAL DA ÁREA DE MARKETING E COMERCIAL: 19 de outubro 2022 de 9:30h a 14:00h en Santiago | edificio Gaiás, sala OFF 

📅 SESIÓN 6: COMPETITIVIDAD E EFICIENCIA: 26 de outubro 2022 de 9:30h a 14:00h en Santiago | edificio Gaiás, sala OFF

📅 SESIÓN 7: SEGUIMENTO E CONTROL KPIs: 2 de novembro 2022 de 9:30h a 14:00h en Lugo | Sala de Xuntas do Ed. CACTUS do Campus de Lugo

 

 

INSCRÍBETE AQUÍ

[contact-form-7 404 "Non encontrado"]