O sector ambiental en Galicia está en plena evolución, e a BF ClimaTech consolidouse como o programa clave para impulsar novos modelos de negocio que afronten os desafíos climáticos e medioambientais. Coa súa segunda edición xa en marcha, a aceleradora ofrece unha oportunidade única para startups e emprendedores que queiran destacar no sector ambiental.
Se tes un proxecto innovador, esta é a túa oportunidade! As inscricións estarán abertas ata o 28 de febreiro e só hai 16 prazas dispoñibles nos itinerarios de incubación (2), aceleración (8) e consolidación (6).
Vantaxes de participar na BF ClimaTech
Unirte á BF ClimaTech significa acceder a recursos exclusivos e oportunidades únicas para facer despegar o teu proxecto. Algunhas das vantaxes máis destacadas inclúen:
- Mentorías personalizadas con empresas tractoras líderes do sector ambiental.
- Acceso prioritario a financiamento: ata 25.000 € a fondo perdido para os itinerarios de incubación e aceleración.
- Prioridade no acceso a financiamento adicional de Xesgalicia ou a través de fondos privados.
- Networking estratéxico coas empresas máis relevantes do sector ambiental en Galicia.
- Titorización experta con profesionais especializad@s en emprendemento e innovación.
Con estas ferramentas á túa disposición, a BF ClimaTech non só acelera o teu proxecto, senón que o posiciona como unha solución clave para os retos do futuro.
Evento de presentación o 21 de febreiro
O programa será presentado nun evento especial que se celebrará o 21 de febreiro a partir das 10:30 horas na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
O evento permitirate:
- Coñecer os retos da convocatoria e os desafíos específicos formulados polas empresas tractoras, explicados polos seus representantes.
- Coñecer a experiencia de proxectos participantes na primeira edición.
- Ter encontros cara a cara coas empresas tractoras as entidades promotoras
Asiste ao evento enchendo este siguiente formulario.
Datas clave: non deixes que se che pase o prazo
- Prazo de inscripción de proxectos: aberto ata o 28 de febreiro de 2025.
- Pitch Day: 24 de marzo
- Inicio do programa: 31 de marzo.
Como inscribirte?
Se estás listo para levar o teu proxecto ao seguinte nivel, completa o formulario de inscrición.
Consulta tamén as bases do programa para asegurarte de cumprir con todos os requisitos.
Ademais, mantente ao día coas novidades e actualizacións da BF ClimaTech visitando a súa web.
E non te esquezas de seguilos en LinkedIn.


