A Xunta Unifica os criterios para a construción ou a rehabilitación do Plan de nova arquitectura pedagóxica 

De mans do conselleiro de Educación, Román Rodríguez, coa colaboración da subdirectora xeral de Construción e Equipamentos, Chus López, e da orientadora do IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz), Yolanda Barallobre, debulláronse os retos aos que se enfrontan os colexios no presente e que, con este novo modelo, a Xunta pretende liquidar para os vindeiros.

A pandemia da COVID deixou patente as novas necesidades da sociedade para a educación: aulas máis versátiles, máis grandes e axustables ás novas tecnoloxías, cunha ventilación adecuada e accesibles a todos. Cuestións que non en todos os centros galegos consideráronse cando se construíron.

77 MILLÓNS PARA MELLORA ENERXÉTICA

Do orzamento total, case 77,5 millóns (o 40,5%) destínanse a mellorar a sustentabilidade e eficiencia enerxética. Ademais da substitución de luminarias por lámpadas LED e o mellor aproveitamento da luz natural, o plan propón a substitución de caldeiras tradicionais por outras que teñan como combustible a biomasa. Este cambio poñerase en práctica na Xunqueira, Pontevedra. Trátase dunha zona na que comparten espazo sete centros educativos, que terán cobertura dunha única caldeira alimentada con biomasa. Pola súa banda, 54,4 millóns (o 28,4 %) absorberanos as obras de nova construción, outros 45,4 (o 23,7 %) dedícanse a ampliacións e melloras e os 14 millóns restantes (7,3 %) a espazos de socialización.

As futuras intervencións nos centros educativos de toda Galicia virarán ao redor dos seis eixos de actuación do Plan, que son o encaixe dos centros no espazo urbano, o seu aspecto exterior, os espazos de socialización, a distribución interior dos centros, o establecemento de polos creativos (espazos maker) e a eficiencia enerxética.

Fonte: El Correo Gallego