A Asociación Profesional de Empresas Medioambientais (APROEMA) abre a convocatoria da VII edición dos Premios “Medio Ambiente APROEMA”, unha iniciativa que busca recoñecer accións e proxectos en favor da sustentabilidade e a protección do medio ambiente en Galicia.
O obxectivo destes galardóns é impulsar a conciencia ambiental e fomentar iniciativas públicas e privadas que contribúan á conservación dos valores naturais e ao desenvolvemento sostible, mediante o recoñecemento público a entidades que destacan pola súa traxectoria ou por proxectos singulares neste eido.
Quen pode presentar candidatura?
Poderán optar a estes premios:
- Entidades públicas (Concello, Deputacións, Mancomunidades).
- Entidades privadas (asociacións empresariais, de consumidores, veciñais, xuvenís, culturais, educativas, etc.).
- Empresas (prestadoras de servizos, enxeñarías, consultorías ambientais, xestores de residuos, fabricantes de bens de equipo, etc.).
- Centros académicos (universidades, centros de secundaria, formación profesional e educación primaria).
Cada entidade poderá presentar ata 3 candidaturas por modalidade.
Categorías
Os premios divídense en catro categorías:
- Entidades públicas
- Entidades privadas
- Empresas
- Centros académicos
O xurado valorará o impacto ambiental e social das iniciativas, o seu carácter innovador, a transferibilidade, continuidade e autonomía.
Dotación
As entidades galardoadas recibirán:
- Unha estatuíña conmemorativa
- Un diploma acreditativo
- Difusión na revista Galiambiental durante un ano
- Invitación a todos os eventos de APROEMA no mesmo período
Recoñecemento á Excelencia Ambiental
Ademais, establécese un Recoñecemento Especial á Excelencia Ambiental, destinado a destacar experiencias innovadoras con gran valor socioeconómico e transferible, capaces de inspirar á industria galega a avanzar máis alá do cumprimento normativo, impulsando a mellora continua e a competitividade empresarial.
Presentación de candidaturas
As candidaturas deberán presentarse exclusivamente en formato electrónico, a través do formulario dispoñible e enviando a documentación complementaria ao correo: premiosmedioambiente@aproema.com.
O prazo remata o 15 de outubro de 2025.
Entrega dos premios
A cerimonia de entrega terá lugar o 13 de novembro de 2025, nun acto público organizado por APROEMA.
Máis información e formulario de inscrición: Premios Medio Ambiente APROEMA 2025


