A Cidade da Cultura acollerá do 8 ao 10 de outubro de 2025 a segunda edición de ENERGY DAYS, un evento que, tras o éxito da súa primeira convocatoria, se consolida como unha das principais citas profesionais do sector enerxético en Galicia.
Con unha programación centrada en industria, cidades, eficiencia enerxética, enerxías renovables e dixitalización, ENERGY DAYS 2025 reunirá a profesionais, empresas e institucións clave para abordar os grandes retos da transición enerxética no noroeste peninsular.
O encontro combinará conferencias de alto nivel con zona expositiva, creando un espazo dinámico para compartir coñecementos, experiencias e oportunidades de colaboración. Ademais, o programa incluirá actividades de networking —cafés, xantares, ceas e sesións dinamizadoras— que favorecerán o contacto directo entre os distintos axentes do ecosistema enerxético.
As empresas interesadas en participar como patrocinadoras ou expositoras, así como as entidades e medios de comunicación que desexen colaborar, xa poden consultar as diferentes modalidades de participación na web oficial do evento 👉 www.energydays.es.
Con esta nova edición, ENERGY DAYS reafírmase como un punto de encontro estratéxico para quen lideran o cambio cara a un modelo enerxético máis sostible, apostando polo coñecemento, a innovación e a cooperación como piares fundamentais.


