- O director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, visitou xuntamente co Clúster Biomasa de Galicia as instalacións da empresa Ceamsa
- O emprego deste produto contribúe a dinamizar a economía da contorna e reducir as emisións de carbono
As empresas galegas seguen apostado pola biomasa como unha solución clave para reducir a dependencia dos combustibles fósiles, como puido comprobar o director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, na súa visita ás instalacións da Compañía Española de Algas Marinas.
Acompañado da directiva do Clúster da Biomasa de Galicia, coñeceu de primeira man esta empresa afincada no concello pontevedrés do Porriño, dedicada á fabricación de texturizantes e estabilizantes para as industrias de alimentación, bebidas, farmacéuticas e nutracéutica. Tal e como sinalou o director, Ceamsa é un exemplo de empresa consciente da necesidade de impulsar prácticas máis sostibles e que decidiu reforzar a súa transición cara a enerxía renovable de orixe local.
Para logralo, a compañía propúxose potenciar a produción de enerxía local, dinamizando as canles de subministro de biomasa de proximidade, o que axudará a fortalecer a economía da contorna, especialmente a do medio rural.
Nos últimos anos a biomasa converteuse nun piar fundamental para acadar os obxectivos de sostibilidade na industria. Ao empregar biomasa como fonte de enerxía térmica, as industrias non só contribúen á redución das emisións de carbono, senón que tamén experimentan vantaxes en competitividade e aforro de custos sendo autosuficientes, unha senda que a Axencia Galega da Industria Forestal seguirá apoiando ás empresas cara unha economía máis sustentable e amable co planeta.
Fonte: Xunta de Galicia