A Feira Internacional de Galicia ABANCA segue traballando intensamente na organización da sétima edición do seu monográfico forestal Galiforest Abanca, o cal se celebrará do 27 ao 29 de xuño co apoio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía e Industria. Será de novo no monte e instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), moi próximo a Santiago de Compostela.
A uns días para a súa celebración, e aínda con xestións pendentes que poden aumentar a participación, a feira conta xa con máis de 100 expositores directos confirmados, cando na pasada edición foron 96. Estas empresas e entidades, entre as que se encontran moitas das máis importantes do sector, ocuparán unha superficie neta que superará os 15 000 metros cadrados, cando na anterior convocatoria situábanse nos 13 726 metros cadrados.
Unhas cifras que non só superan ás da súa última convocatoria, senón que son as mellores deste monográfico ata o momento e reflicten tanto o amplo respaldo do sector como a súa consolidación como a maior feira forestal de España.
De forma paralela á exposición, o certame ofrecerá un atractivo programa, tanto dirixido a profesionais como a outros perfiles relacionados, entre eles estudantes vinculados co sector. Destacará o VII Concurso de Innovación Tecnolóxica, o cal distinguirá as máquinas, produtos, servizos e procesos presentes que destaquen polo seu deseño, calidade de traballo e prestacións, co obxectivo de contribuír á promoción de I+D+i no sector. Sumaranse demostracións continuadas de maquinaria, entre outras moitas, de raiado, estela, triturado, poda en altura ou procesado de madeira, ademais de obradoiros formativos ou presentacións.
Unha exposición e un programa con gran interese que se unirán no mellor marco posible, o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude. Unha localización que, de novo, permitirá mostrar e ver o funcionamento da maquinaria nun monte con excelentes infraestruturas e moi ben comunicado, con fácil acceso desde a autoestrada AP-53 tanto para grandes máquinas como para visitantes.
Rexistro de visitantes
Os interesados en acudir a Galiforest Abanca 2024 poden entrar en www.galiforest.com e tanto no apartado de visitantes como de acreditacións teñen a posibilidade de inscribirse de forma gratuíta de forma moi sinxela. Trala inscrición recibirán un código QR no seu correo electrónico e soamente terán que mostralo cando cheguen á feira para poder acceder. De todos modos, aqueles asistentes que non estean rexistrados previamente poderán facelo á súa chegada ao certame.
Fonte: Galiforest Abanca