En Galicia, a cadea forestal-madeira achega o 1,9% do PIB e xoga un papel estratéxico no desenvolvemento económico, social e ambiental da comunidade. Ademais, a madeira destaca polo seu potencial para a eficiencia enerxética, xa que permite aforrar ata un 20% de enerxía fronte a outros materiais de construción, segundo datos de PEFC Galicia.
Esta cadea, que conecta o monte coa industria, é clave para un futuro sostible. O bosque é a orixe dunha rede vital que nos fornece de recursos naturais esenciais como a madeira, o papel ou a enerxía. A través dunha xestión forestal sostible, é posible garantir o equilibrio entre o aproveitamento dos recursos e a conservación dos ecosistemas.
A industria galega da madeira transforma estes recursos en produtos sostibles que forman parte da nosa vida diaria, ofrecendo solucións que contribúen á economía circular. Neste proceso, a certificación PEFC garante o respecto polo medio ambiente e polas persoas, asegurando que os produtos proceden de fontes responsables.
Desde PEFC Galicia destacan que confiar en produtos certificados é unha elección con impacto positivo para o planeta e para as comunidades locais. “Xuntos, desde o monte ata os fogares, podemos impulsar unha economía máis sostible, innovadora e comprometida co futuro”, subliñan na su web.


