A Directiva Red III esixirá un maior control en materia de sostibilidade do recurso forestal, o que afectará a moitas instalacións en Galicia

Grazas á aplicación de FORTRA, a biomasa logra unha oportunidade para o impulso da compra verde e de proximidade

A integración entre as diversas solucións dixitais supón unha oportunidade para incrementar a competitividade e a transparencia como sector

Lugo, 4 de xuño de 2024. A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo foi o escenario da xornada organizada polo Clúster da Biomasa de Galicia sobre a dixitalización e a sostibilidade no aproveitamento da biomasa.

O evento, que atraeu a diversos expertos e profesionais do sector forestal, comezou cunha cálida benvida por parte de Francisco Álvarez, presidente do Clúster da Biomasa de Galicia, e de Emilio Carral, subdirector de Mobilidade e Prácticas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) de Lugo. Xa desde os minutos iniciais destacouse a importancia da biomasa como recurso renovable e a necesidade de avanzar cara unha xestión máis dixitalizada e que permita afrontar os retos de sostibilidade establecidos pola Unión Europea.

No primeiro bloque de contidos, Manuel Beiro, enxeñeiro forestal de Asefor, e Pablo Rodero, responsable de proxectos europeos de Avebiom, compartiron os seus coñecementos e experiencias á hora de implementar prácticas sostibles na xestión dos recursos forestais.

Neste eido, cabe destacar que a execución da Directiva Red III esixirá un maior control en materia de sostibilidade do recurso. Ao endurecerse os criterios coa redución da capacidade térmica de 20MW a 7,5MW, moitas instalacións da comunidade galega estarán obrigadas a cumprir dita directiva.

De seguido, Juan Gabriel Álvarez, investigador do grupo Uxafores da EPSE de Lugo, presentou diversos modelos de estimación de biomasa, subliñando a importancia da precisión e da eficiencia na cuantificación destes recursos.

Tras unha breve pausa, a sesión retomouse coa presentación da ferramenta de trazabilidade forestal FORTRA da man de Alejandro Santana, xefe de proxectos de Nunegal Consulting, e de Isabel Puentes, directora da Área de Promoción e Calidade Forestal da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA). Trátase dunha ferramenta que promete revolucionar a maneira en que se realiza o seguimento da biomasa desde a súa orixe ata o seu destino final, mellorando a transparencia e a eficiencia do proceso.

Grazas á aplicación de FORTRA, a biomasa logra unha oportunidade para o impulso da compra verde e de proximidade. Unha visualización que contemple o balance e a xeolocalización daría resposta aos requisitos de sostibilidade que demandan as ordes de axudas para caldeiras xestionadas polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

O programa continuou coas presentacións sobre o Inventario Forestal Continuo de Galicia, unha ferramenta dixital da administración galega que contribuirá a poñer ao sector forestal á vangarda. Neste eido, César Pérez, investigador da USC, detallou o deseño desta ferramenta e o seu procedemento de estimación de existencias, mentres que Adela Martínez, tamén investigadora da USC, expuxo o sistema de estimación de existencias a nivel catastral. Ámbolos dous subliñaron a relevancia de contar con datos precisos e actualizados para unha xestión eficaz dos recursos forestais.

A integración entre as diversas solucións dixitais expostas no transcurso da xornada é fundamental para lograr a optimización do cumprimento dos diferentes requisitos legais, e supón unha oportunidade para incrementar a competitividade e a transparencia como sector.

Jacobo Aboal, director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), foi o encargado de clausurar a sesión matinal destacando os logros alcanzados e os retos futuros no sector da biomasa.

O evento finalizou cun sentimento de optimismo e colaboración, reafirmando o compromiso do Clúster da Biomasa de Galicia e dos seus asociados na promoción dunha xestión forestal máis sostible e tecnolóxicamente avanzada.

*Esta xornada está cofinanciada polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), ao amparo das axudas ás agrupacións empresariais innovadoras emerxentes (clústeres emerxentes) na Comunidade Autónoma de Galicia.